En Ribeira detido o suposto autor da brutal agresión nos pisos okupas

Efectivos da Policía Nacional de Ribeira detiveron ao suposto autor da brutal agresión cometida nos pisos okupas da rúa Xosé Ramón Fernández Barreiro de Ribeira.

O individuo foi localizado tras revisar as gravacións de varias cámaras de seguridade da zona, cuxas imaxes permitiron a identificación do sospeitoso.

Os feitos que desencadearon o arresto e do que informamos en O Barbanza, ocorreron o sábado ao mediodía, cando un home duns 40 anos foi golpeado na cabeza cun obxecto contundente, o que lle provocou unha enorme brecha que motivou o seu traslado á unidade de coidados intensivos do CHUS onde permanece ingresado.