A Policía Nacional de Ribeira alertou que nos últimos días, aumentaron os intentos de estafa relacionados coas compañias de luz e gas. O interlocutor faise pasar por un empregado dunha empresa que chama para comunicar a existencia de recibos pendentes de pago e ameaza con cortar a subministración no caso de que non sexan abonados de forma inmediata. Para efectuar o pago, a vítima ten que facilitar o DNI e o número de tarxeta bancaria, desde a cal lle cargan o importe da suposta débeda.
A Policía Nacional explican que esta modalidade de estafa está a afectar fundamentalmente a establecementos de hostalería, que baixo a ameaza de corte de subministración eléctrica, acceden a abonar o importe solicitado, para non quedar sen servizo.
A Policía avisa de que non se debe facer caso de chamadas, mensaxes ou emails nos que se solicita o pago de débedas. Tampouco que non se deben facilitar datos nin bancarios nin persoais, nin facer transferencias. Ase mesmo tampouco se debe facer caso de ofertas de traballo ou de premios nas que se solicita diñeiro por adiantado.
