“Dúas realidades” – José Manuel Pena

12 Abril 2022
Ás veces cremos que se meditásemos un pouco máis seguro que non diriamos moitas das bobadas que largamos libre e alegremente pola boca. Cada vez observamos máis xente apática, triste, deprimida e demasiado pesimista, case sempre o tema de conversa céntrase no diñeiro e na crise. Uns porque están en paro, perciben uns 426 euros e non chegan a fin de mes, e outros porque teñen un traballo remunerado polo que perciben máis de 3.000 euros mensuais e tampouco lles chega para o que desexarían.

  Lamentablemente atopámonos con poucas persoas que non pensen en si mesmas e manteñan unha conversa en terceira persoa, mirando cara ao horizonte da vida, sen quedar na periferia. Que falen sobre o que poden facer para que a contorna na que viven sexa un pouco mellor para moitas persoas que realmente están a pasalo mal e que apenas se queixan. O mundo nunca poderá ser mellor e máis habitable mentres non cambiemos certas mentalidades e iso depende de nós mesmos, non dos políticos e gobernantes. Estes unicamente limítanse a xestionar os recursos públicos en base aos  seus principios e ideoloxías.

  Tamén observamos como a hipocrisía e o cinismo de moitos "empregados" do poder económico e político está a levalos á miseria humana máis repulsiva e rastreira. Para poder manter o seu nivel de vida, estes "personaxes" que viven entre nós, son capaces de calquera cousa. Todo lles vale con tal de conseguir os seus obxectivos. A pasividade de moitos de nós é o que lles segue mantendo nos seus postos de responsabilidade.  

Outros artigos

“Vivos y muertos”. Mario Clavell

Los forenses han identificado las últimas víctimas de Urda, Toledo. La señora muerte guadaña pilló impensadamente el pasado 28 de octubre a sesenta y nueve de los nuestros. Me ha electrizado admirar la variedad de  personalidades.   En noviembre se...

+

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

Hai bos xuíces, profesionais e valentes que cumpren coas súas obrigas. Un deles, sen dúbida, é Borja Pérez, titular do Xulgado Número 2 de Ribeira. Dita un auto xudicial polo cal suspende o lanzamento dunha familia vulnerable de Ribeira, en aplicación do novo RDL...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El papel de la mujer en Marruecos”. José Castro López

“El papel de la mujer en Marruecos”. José Castro López

Traigo a este comentario un hecho político que invita a mirar a Marruecos desde laperspectiva del papel de la mujer en una sociedad de profundas tradiciones y arraigadascostumbres machistas bajo una “democracia controlada”, como muchos la califican.En Marruecos ganó...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.