Dodro nomea a Pepe Domingo Castaño, Fillo Predilecto do Concello

09 Abril 2022

Pepe Domingo Castaño, nacido no lugar de Lestrove, foi recoñecido polo Concello de Dodro como Fillo Predilecto, a máxima distinción que outorga este concello do que é alcalde o socialista Xavier Castro Tourís. O acordo alcanzouse por unanimidade dos catro grupos que forman parte da corporación municipal e que abarca todo o arco ideolóxico, desde o centro dereita do Partido Popular ata os nacionalistas do Bloque pasando polo PSdeG-PSOE e a denominada Unidade Veciñal, un grupo de esquerdas xurdido ao amparo da sección galega de Podemos.

Ao longo do que levamos de lexislatura é unha das poucas ocasións nas que no Concello de Dodro alcánzase un acordo unánime entre todas as forzas.

Os responsables municipais consideran que Pepe Domingo Castaño “ é merecedor desta distinción pola suá implicación coa comarca do Sar e a súa vinculación coa terra que ou veu nacer” (“é merecedor desta distinción pola súa implicación coa comarca do Sar e a súa vinculación coa terra que lle viu nacer”).

A proposta deste nomeamento partiu do actual equipo de goberno liderada por Xavier Castro. Todos os grupos mostraron a súa satisfacción #ante un recoñecemento máis que merecido”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“As novas camadas petan forte na porta” – Antón Luaces

“As novas camadas petan forte na porta” – Antón Luaces

Hai quen exerce de informador e percorre España cunha buguina nunha man e un teléfono móbil na outra nunha especie de pre-aviso de que alí, no lugar, vai pasar algo importante. Por exemplo, un discurso ou debate político que "poña orde" na polarización desenfrenada...

“Recordar o 93 e seguir o Camiño”. Luís Celeiro

“Recordar o 93 e seguir o Camiño”. Luís Celeiro

En Mérida, onde a finais do século sexto xa había un xenodochium, un albergue de acollida easistencia para as multitudes que visitaban a tumba de Santa Olalla. Os historiadores e entendidosdin que foi o primeiro refuxio para peregrinos documentado en Hispania. E alí,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.