Detido o presunto autor dun atraco nunha farmacia en Rianxo

03 Abril 2022

A Garda Civil detivo a un home da localidade coruñesa de Rianxo como presunto autor dun delito de roubo con violencia polo atraco nunha farmacia dese mesmo municipio o pasado 12 de marzo.

Segundo informou a benemérita o atracador entrou no establecemento coa cara tapada, accedeu ao interior do mostrador portando un coitelo “de grandes dimensións” e subtraeu a caixa rexistradora do local.

No lugar dos feitos atopábase a farmacéutica, que ao verse ameazada polo atracador cunha arma branca saíu correndo do establecemento. Foi ela mesma quen presentou denuncia no Cuartel da Garda Civil de Rianxo.

Posteriormente, grazas ao visionado das cámaras de seguridade, o Equipo de Policía Xudicial puido pescudar a identidade do suposto atracador, que resultou ser un veciño de Rianxo con antecedentes policiais e penais por feitos similares.

Así, tras a autorización para levar a cabo o rexistro domiciliario, a Garda Civil atopou pezas de similares características ás que portaba o agora detido o día do atraco, así como un coitelo “moi parecido” ao utilizado para ameazar á farmacéutica e o caixón da caixa rexistradora da farmacia.

O detido foi posto a disposición xudicial no Xulgado número 2 de Padrón.

Outros artigos

O Concello de Ribeira dota ao porto de Aguiño dunha marquesiña

A veciñanza da parroquia de Aguiño xa dispón dunha marquesiña nas inmediacións do porto despois de que a brigada municipal de obras procedese coa súa fabricación e colocación. O Concello de Ribeira dá así resposta a unha demanda veciñal dilatada no tempo para protexer...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“No lo entiendo, no lo comparto y soy opuesto” – Manuel Domínguez

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

El Papa León XIV, presidente de la Ciudad del Vaticano. Solo datos, no opinion Nos habla con palabras de amor, de la dignidad, del derecho de los oprimidos, de atender y dar protección a quienes buscan un futuro en Europa que en sus países no tiene. El pontífice, que...