O xoves Galicia estará baixo influencia anticiclónica. Así, o ceo presentará nubes de tipo medio e alto que alternarán con momentos de apertura de grandes claros; néboas matinais no interior e brétemas costeiras ao principio da xornada. As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso mentres que as máximas ascenderán lixeiramente. O vento soprará frouxo, de dirección variable.

O NOSO MAR: Vento do norte á mañá, do noroeste á tarde e variable á noite, forza 1 a 3 á mañá, 2 a 4 á tarde e 2 a 3 á noite. Mar ovellado. Visibilidade regular á mañá e á noite e boa á tarde. Mar de fondo do oeste, con ondas de 1 a 2 metros á mañá e 0.5 a 1.5 metros á tarde e á noite.
Mareas
Muros | ||
---|---|---|
Hora* | Altura | |
Preamar | 03:20 | 3.4 m |
Baixamar | 09:35 | 0.8 m |
Preamar | 15:47 | 3.4 m |
Baixamar | 21:45 | 0.8 m |
Vigo | ||
---|---|---|
Hora* | Altura | |
Preamar | 03:13 | 3.4 m |
Baixamar | 09:28 | 0.8 m |
Preamar | 15:37 | 3.4 m |
Baixamar | 21:37 | 0.9 m |
Vilagarcía | ||
---|---|---|
Hora* | Altura | |
Preamar | 03:17 | 3.4 m |
Baixamar | 09:33 | 0.8 m |
Preamar | 15:42 | 3.4 m |
Baixamar | 21:42 | 0.8 m |
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)