“Cunqueiro e o cuco sobre unha maceira”. Alberto Barciela

02 Abril 2022

É posible que xa cante o cuco. Entre tanto ruído pandémico, guerreiro e político, poida que desapercibira un feito singular, natural e animoso. Para cercioralo, terei que seguir esforzándome por saír da miña condena baixo as pedras e alumearme cos últimos artigos de Alfredo Conde. Neles existe a certeza de que o tránsito da primaveira ao inverno se tivese producido con puntualidad equinocial e con transcendencia climática, simbólica e ritual. Sen dúbida é estación das frores, unha das mil que cantase don Álvaro Cunqueiro -o premio que leva o seu nome conmoveume e motivoume-. Traballarei mais por Galicia, como el, entre “arrecendos de manzás”, como nos contou o Presidente da Real Academia Galega, Víctor Freixanes.
 
Hai maceiras “de moitísimas especies en bondade e tempo da súa sazón: unhas que dan froito cedo e outras máis tarde, unhas que son escravas e outras delicadas. Por iso todas deben procurar de todas clases, porque uns anos pintan unhas e outros outras. Segundo o frío ó néboas que se presenten”. Francisco Javier Rodríguez, un filólogo galego do século XIX, nacido na pequena parroquia de Santa María de Bermés, en Lalín, nunha familia campesiña, describiunas así no seu fermoso Dicionario galego-castelán. A súa definición é degustable, e amplíase con información saudable: a apreciada froita cura -na medicina son temperantes ou dulcificantes, refrescantes, emolientes e laxativas-.
 
Necesitamos cucos e mazás, como ben sabe o meu amigo e mestre Paco Campos. Galicia ansía a frescura dunha nova primaveira, roden condes ou pastoreen calvos. Abramos pois as fiestras para evadirnos de prolongadas secas, case endogámicas, inexportables nas formas, pero necesarias no fondo. Dixeridos os sapos e expulsados polo conducto reglamentario, como diría Fraga, hai que centrarse. Agora, toca o que toca, e non son gaitas precisamente. Algo hai que cambiar, polo menos de actitude.
 
O mundo, medido en cantos de cuco e en mazás, é máis real e degustable. Así é alomenos na Galicia, Nai e Señora de Ramón Cabanillas. Nesta realidade máxica na que os literatos tiveron que inventar moi pouco, e na que o verdadeiro achado é facer creíble a propia evidencia de cada día, tanta como a posibilidade de poder ceder á Corte a aqueles que seguro que son os mellores. O Mar de Madrid, que o hai, como houbo unha Mar en Galicia, traeranos agora novas mensaxes.
 
É hora de que reivindiquemos o brazo ausente de Valle Inclán, os seus zapatos de adoite desgastados e as súas leccións de bo castelán, para mellor expresarnos no galego do necesario entendemento entre irmáns. Sen complexos, é momento de elevar os nosos propios altares ás Egerias, ás Arenal, ás Pardo Bazán, ás Zendal, ás Otero, ás Mallo, ás Casanova, a Casárelas, ás Ledo, ás Porteiro, ás Piñón. Todos somos necesarios, sen exclusións de xénero ou ideoloxía, para ocupar as cadeiras de aqueles que se foron a Sevilla; para remar, de novo como amigos, nos mares dos trovadores; para rescribir con Murguía un novo capítulo da historia galeguista; para entonar sen murmullos o himno do Antigo Reino. Sopran novos ventos sobre os piñeiros. O cuco canta e poida que eu o acompañe. Se chove que chova sobre o tellado.
 
Os cucos volven pousarse con liberdade nas maceiras. Vale.

Outros artigos

“Pedro Sánchez e Israel”. José Antonio Constenla

Lo último de Pedro Sánchez, convertido en agente propagandístico de Hamas,es tachar a Israel de “Estado genocida”. Más allá del estruendo mediático, lopreocupante no es tanto la acusación en sí, sino lo que representa, porque esun gesto diplomático de enorme calado,...

+

“Los residuos”. José Manuel Pena

Los residuos, el tratamiento de los mismos así como elreciclaje son unas cuestiones mucho más importantes de lo queparece. Que las empresas cobren por retirar los residuos, denuestros pueblos y ciudades, y no por reciclarlos nos debe hacerpensar y mucho más a nuestros...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Tocar o ceo coas xemas dos dedos”. Antón Luaces

“Tocar o ceo coas xemas dos dedos”. Antón Luaces

Enzo Maiorca, mergullou fronte á costa de Siracusa, xunto coa súa filla Rossana á que deixara no bote cando, ao se dar volta, viu un golfiño que, supuxo, non estaba alí para xogar senón para tentar comunicar algo. O golfiño sobmerxéuse nas profundidades mariñas e Enzo...

“Época de exámenes” – Manuel Domínguez

“Época de exámenes” – Manuel Domínguez

Muchos estudiantes lo están pasando realmente mal, tiene interés en aprobar, estudiaron para ello, lo que quiero decir es que los progenitores sean comprensivos ante algún suspenso. Si tú hijo o hija se ha quedado algún fin de semana sin salir, entiéndeles. Hay alguna...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.