Cultura da Deputación selecciona 8 proxectos de literatura e pensamento para as Residencias Mariñán

08 Abril 2022

Ao abeiro dos seus novos apoios á creación, a área de Cultura da Deputación da Coruña vén de facer pública unha nova convocatoria para participar nas Residencias Artísticas Mariñán. Trátase das residencias dedicadas a proxectos literarios e de pensamento, que veñen sumarse á convocatoria de Residencias Artísticas para producións musicais (á que poden concorrer artistas e formacións musicais e cuxo prazo permanece aberto ata o 19 de abril).

O Pazo de Mariñán, unha das sedes da Deputación da Coruña

Esta nova convocatoria, publicada este venres 8 no BOP, entrará en vigor o luns 11 de abril e establece un prazo de presentación de proxectos de 15 días. Para propostas literarias, poderán concorrer persoas maiores de idade con residencia en Galiza que desenvolvan o seu proxecto en lingua galega, en calquera das súas expresións, como narrativa, ensaio, poesía, teatro, guión cinematográfico, banda deseñada ou xéneros híbridos.

Para propostas relacionadas co desenvolvemento de liñas de pensamento, poderán concorrer persoas maiores de idade con residencia na nosa terra que desenvolvan o seu proxecto en lingua galega e que investiguen calquera ámbito de coñecemento, como filosofía, antropoloxía, historia, arte, economía, dereito, política ou sociedade.

As solicitudes consistirán nunha proposta de traballo e investigación persoal a desenvolver no contexto da residencia, que debe estar complementada cun relato autonarrativo no que a persoa solicitante explique as motivacións da solicitude e a súa traxectoria creativa. Tamén se poderá achegar algún fragmento do traballo e o CV da persoa solicitante.

Ao abeiro desta convocatoria, seleccionaranse oito proxectos para desenvolver a súa residencia creativa no Pazo de Mariñán. Cada residencia terá unha duración máxima de 14 días, das cales catro desenvolveranse no mes de xullo e catro no mes de decembro.

Outros artigos

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.