Conta atrás para o inicio do San Marcos 2022 en Noia (compartimos programa)

20 Abril 2022

O Concello de Noia compartiu o programa completo de actividades para O San Marcos, que se celebra a fin de semana de abril comprendida entre o venres 22 e o luns 25, incluíndo eventos tan relevantes como a gran Feira Cabalar ou a Ruta Cabalar Portus Apostoli, ademais dunha completa axenda de actuacións musicais.

Esta edición da festividade, que supón a volta dos chiringuitos do San Marcos, arrincará o venres 22 coas bombas de palenque (ás 20.00 horas) e as actuacións de Cheruma (en formato ruada, a partir das 20h) e a Orquestra New York, ás 22.00 na Alameda, seguido da actuación de De Vacas na praza do Curro (ás 22.30h).

Ao día seguinte, logo da celebración da Ruta Cabalar (a partir das 11.00 horas) e dos xogos populares para a rapazada no Campo da Feira (a partir do mediodía e a partir das 17.00 horas), será a quenda da Orquestra Compostela e La Ola ADN (na Alameda, a partir das 22h) e de Boomers e Dr. Queen (no Tapal a partir das 22.15).

O domingo 24 de abril, despois das bombas, as ruadas e a quinta Foliada San Marcos (ás 11.30h), actuarán, pola tarde, Ailá no Tapal e a Orquestra París de Noia na Alameda.

O luns a xornada comezará no paseo de San Lázaro coa Feira Cabalar e a exposición de maquinaria agrícola. Completarase cunha ruada a cargo de Os Salgueiriños. Pola noite, ás 21h, actuará na Alameda a Orquestra Marbella.

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.