A semana pasada deron comezo en Noia as obras destinadas a pavimentar e instalar os colectores de pluviais e saneamento no lugar de O Couto. Unha obra impulsada dende o Concello que supón un investimento de 160.000 euros con cargo ao Plan Único Provincial (Deputación da Coruña) e fondos municipais.

As obras prolongaranse ao longo do mes de maio e suporán, segundo indican dende o Consistorio, “unha mellora na accesibilidade, na seguridade viaria, na estética e nos servizos desa zona”.
