Comezan en Rianxo as clases de preparación para as probas de competencias clave

07 Abril 2022

Esta semana deron comezo en Rianxo, no Auditorio, as clases de preparación das probas de competencias clave deste ano 2022. Esta actividade, promovida polo Concello, está dirixida a persoas que non dispoñen do título de educación secundaria e ten como obxectivo proporcionar as ferramentas necesarias para a superación das probas das competencias clave, convocadas anualmente polo Instituto Galego das Cualificacións. As clases serán tódolos martes, mércores e xoves, de 10:00h. A 13:00h., ata o 31 de maio.Para o día dos exames (aínda sen data oficial), que se realizarán no Recinto feiral da Fundación Semana Verde en Silleda (Pontevedra), está previsto que o Concello poña a disposición un autobús para as persoas inscritas nas probas.

Desde o Concello preténdese ofrecer oportunidade os seus veciños e veciñas de acadar a titulación necesaria para enfrontar nun futuro o mercado laboral, polo que se buscan os medios necesarios para acadar esa formación, como acontece tamén coas aulas para acadar a titulación da ESO que se desenvolven no local do Liceo e que levan desenvolvéndose ao logo dos anos.

Na presentación, ademais dos responsábeis da formación acudiu o técnico en Orientación Laboral, Marcos Muíños e a responsábel de promoción económica a tenente de Alcalde Mari Carmen Figueira.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...