
O sábado 23 de abril a Asociación Ambar das persoas con diversidade funcional firmou o convenio
de colaboración co Club Náutico Deportivo de Ribeira para a realización do programa ‘Mar sen
límites’ un proxecto innovador que promove a inclusión social das persoas con diversidade
funcional a través da navegación a vela e a creación de sinerxías cos axentes do sector marítimo e
do patrimonio costeiro.
A xuntanza entre Jose Luís Torres Colomer, presidente do Club Náutico de Ribeira, e ex senador,
presidente da deputación alcalde de Ribeira; e Milagros Rey, presidenta de Ambar. Deu lugar unha
alianza para a realización deste proxecto.
‘Mar sen límites’ ten o obxectivo de incrementar a autonomía e participación das persoas con
diversidade funcional na comunidade, así como reforzar entre as persoas participantes a
valoración positiva sobre os oficios e patrimonio costeiros, a diversidade, e fomentar a practica
feminina dos deportes náuticos.
O proxecto consta de distintas actividades. A primeira delas o Bautismo náutico deu comezo o
mesmo sábado coa primeira sesión de formación sobre conceptos básicos de navegación. A esta
actividade seguiranlle:
• Fondeando no mar, navegación a vela de persoas con experiencia noutras escolas de vela,
para promover a conexión e o vínculo entre persoas mozas con e sen diversidade. Poderán
optar a participar en regatas a nivel local e autonómico.
• Enfoque náutico, obradoiro e charlas para dar a coñecer a comunidade costeira, os
recursos e o patrimonio da Ría de Arousa, así como a sostibilidade dos mesmos e o impacto
medioambiental dos usos incorrectos do mar.
• Voluntariado náutico, formación con aspectos teórico-prácticos da navegación a vela así
como outras normas organizativas, de funcionamento e seguridade para levar a cabo
durante o programa. Unha vez completadas as xornadas de formación, aqueles voluntarios
participarán nas diferentes actividades programadas
Esta iniciativa é posible grazas á financiación do GALP Ría de Arousa e contribúe á visión de futuro
da estratexia EDLP, promovendo a participación activa de persoas con diversidade na
comunidade, así como outros axentes do territorio, e poñendo en valor o seu patrimonio. Moi
presente no proxecto está o valor de promoción de accesibilidade e a inclusión real ó estar
destinado a persoas con e sen diversidade funcional.
