“Axudas insuficientes para a frota de altura” – Antón Luaces

Os buques da frota de altura española que faena actualmente en augas estranxeiras xa non son aqueles máis de trescentos barcos que figuraban na listaxe entregada polo Goberno presidido por Felipe González cando, por fin, España accedía con case que todos os dereitos non esenciais para a Europa “dos sete” á Unión Europea no ano 1986. Na actualidade son máis de 300 os buques de pesca que, baixo bandeira española, realizan pesca industrial fora das augas de responsabilidade española, especialmente nos caladoiros do Gran Sol, obrigados pola distancia aos seus portos base ou, simplemente, portos españois, a se fornecer de combustible noutros países, comunitarios ou non.

Como é ben coñecido, repoñer combustible en España significa a cada barco de pesca unha lixeira redución na factura final a pagar pola casa armadora do buque que fai consumo. Pero estas axudas non son as mesmas no estranxeiro, como acontece coa frota francesa que, cando se fornecen de gasóleo en portos estranxeiros , o Estado de bandeira mantenlles os dereitos establecidos e recentemente confirmados polo Ministerio do Mar, no senso de respetaren o seu dereito ás axudas aos carburantes.
Mais os armadores de pesca de altura españois integrados en CEPESCA, cuxos barcos faenan en augas estranxeiras, non teñen constancia aínda de que a eles se lles outorguen as mesmas axudas que reciben os seus homónimos franceses. De feito pediron ao Goberno que clarexe se os seus buques -que se fornecen de combustible fora de España e subministrado por empresas españolas, poderán acollerse ao desconto de 20 céntimos de euros por litro de gasóleo, unha das medidas susbtanciais do plan de choque contra o impacto económico e social da guerra de Ucraína, aprobado no Consello de Ministros da semana pasada.

A propia Confederación (CEPESCA) manifestaba recentemente o temor da frota de altura a se quedar “ao marxe da medida dirixida a todos os sectores da actividade e todos os cidadáns” da que sE se benefician os barcos de baixura e litoral: “De non ser así, as axudas á frota industrial serían moi escasa”, motivo polo que a patronal pesqueira española esixe una aclaración urxente, entre outras cousas debido a que non se sabe durante canto tempo van manterse as condición actuais. A incerteza que xera no sector o incremento do prezo do carburante fai que, malia o esforzo realizado, as axudas outorgadas polo Goberno sexan insuficientes.

Como é sabido só a baixura se beneficia das axudas de 0,20 euros por litro de gasóleo e das axudas directas autorizadas pola CE (que CEPESCA estima nuns 1.550 euros para os barcos máis pequenos e os 6.873 euros para os de maior eslora que faenen en augas españolas). Pero hai, como dicía anteriormente, uns 300 barcos cuxa actividade extractiva se está a desenvolver en augas estranxeiras, sendo as súas capturas aproximadamente o 60% do total das españolas e que poderían quedar ao marxe por falta de concreción.

O Goberno español, nas medidas adoptadas para a frota, destina ata 35.000 euros para buques de máis de 2.500 GT., cantidade que para esta frota resulta escasa. Lembran que a Comisión europea autoriza ata 65.000 euros, tal e como o comisario de Pesca asegurou que se podía facer. Por este motivo os armadores instan ao Executivo de Pedro Sánchez a que revise a proposta.