As persoas gañadoras do sorteo do Día de Autismo recibiron cadanseus premios en Amicos

25 Abril 2022

A Asociación Amicos realizou este 25 de abril a entrega dos vales de 50 euros sorteados entre as persoas que mercaron no comercio local durante a campaña do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo. Estes vales foron proporcionados polas asociacións de empresarios de Boiro, Ribeira, Rianxo e por Somos Rianxo, catro entidades que tamén estiveron presentes na entrega dos premios.

No concello de Boiro, María José Piñeiro, técnica do ABE, repartiu os 50 euros a Miguel Ángel Riveiro, que deberá gastar nos comercios adheridos a asociación de empresarios boirense.

Doutra banda, Isabel Lapido, xerente da Asociación de Empresarios de Ribeira, fixo entrega do seu vale de 50 euros a Borja Casais.

Isabel Lapido quixo agradecer o labor de Amicos pola súa implicación neste tipo de accións e mostrouse moi contenta de poder colaborar coa asociación.

En canto a Asociación Rianxeira de Empresarios (ARE), a responsábel de entregar o vale de 50 euros a María Montserrat González foi Ana Vicente, administradora da patronal.

Pola súa banda, a Asociación Somos Rianxo non puido facer este a entrega do seu vale, pois ao gañador, Manuel Comojo, foille imposible asistir presencialmente ao centro de Amicos en Boiro. A pesar da súa ausencia, Manuel comunicou que o seu premio cederao á Asociación Amicos “polo seu gran labor”.

O sorteo foi realizado de maneira aleatoria entre aquelas persoas que mercaron no comercio local entre o 24 de marzo e o 2 de abril e enviaron o tícket co seu nome completo, teléfono e correo electrónico ao enderezo diadoautismo@amicos.org. Ademais, o comercio local que mellor decorou e iluminou de azul tamén ten premio. Nesta ocasión, o gañador foi elixido polo xurado de Amicos, que decidiu que a tenda “máis implicada na causa” foi o Estanco Lourdes, en Ribeira, xa que non só engalanou de azul o seu local, senón que as súas traballadoras tamén vestiron da mesma cor polo Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo. Como premio, o Estanco Lourdes participará no noso calendario solidario 2023 de maneira gratuíta.

Amais, o xurado de Amicos quixo facer mención especial a Neuralmente en Rianxo, Deportes Señor Balón e Lolita Moda en Boiro, pola “súa participación e implicación de maneira extraordinaria na campaña Decora e ilumina de azul o teu negocio. Os tres comercios locais fomentaron a compra e a participación de todos na iniciativa.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.