Adiada a función “Nais” deste sábado para o vindeiro 23 de xuño

22 Abril 2022

A área de Cultura de Rianxo vén de informar que a función teatral Nais, prevista para este 23 de abril no Auditorio Municipal, tivo que ser adiada, por motivos alleos ao Concello, para o venres 3 de xuño ás 21.00 horas.

Nais é unha comedia de Marc Egea dirixida por Javier Mariño coa interpretación de Inma Morandeira e a rianxeira Eva Iglesias.. A proposta está producida por Destino Bergen Audiovisual e Entre Patas Teatro.

Sinopse

O espectáculo Nais preséntanos a Elena (Eva Iglesias) e Carla (Inma Morandeira), as protagonistas desta comedia de enredo chea de situacións disparatadas. Ambas coñécense por casualidade na sala de espera do xinecólogo. Elena é tradicional e non concibe a maternidade sen a existencia dun pai. Carla, pola contra, é unha executiva á que lle preocupa máis a súa carreira profesional. Entre elas saltan chispas pero o karma é caprichoso e non será a última vez que se atopen. A vida poñeraas cara a cara en diferentes etapas da súa vida. Conseguirán estes encontros achegar as súas posturas? Acabarán converténdose en inimigas íntimas?

En palabras da produtora, estamos ante “75 minutos de pura comedia, na que nada é o que parece e que teremos ocasión de coñecer a dúas persoas de mundos diferentes que poden estar máis preto do que pensan”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.