“A volta ao mundo económico do turismo” – Alberto Barciela

19 Abril 2022

As solucións non se improvisan. Cabe repentizar en momentos de urxencia, pero as crises deben estar previstas para actuar con estratexia e oportunidade. Agora si é o momento de recuperar máis da metade do 12,3 % do PIB español que chegou a representar a industria turística. Niso han de xogar un papel esencial os medios de comunicación.

Hai apenas uns meses, clausuramos en Madrid no V Congreso de Editores Europa, América latina Caribe, con 40 directores con influencia sobre 59 países, entre eles Alemaña, Francia, Italia, Polonia, Portugal, todos os de Iberoamérica debatemos sobre a verdade construída, de algo que vai máis aló da fake news, da mentira, de algo que dominan mafias, robots e poderes ocultos nun mundo ensarillado en si mesmo, pleno de notoriedades espontáneas, de influencers incultos, de imaxes atractivas pero baleiras e sobre todo, do dominio dos nosos datos , que é tanto como dicir das nosas debilidades e economías. Falamos de maneira detallada do turismo e das posibilidades de que ambos os sectores, comunicación e lecer, traballasen conxuntamente.

Falar de profesionalidade, nos medios e no turismo, é debater, clarificar, avanzar sempre no marco do respecto e dos valores. Unha axencia de viaxes, un hotel ou un xornal ou unha radio ou televisión son empresas, con obxectivos económicos, pero tamén cunha arela de servizo público, no que a vocación se debe unir á obrigación. Neses compromisos está a fidelización dos clientes, dos lectores, dos espectadores, dos turistas. E nesa liña é na que entendo que habemos de atopar os puntos de coincidencia entre dous sectores que camiñaron demasiado en paralelo sen atoparse coa constancia necesaria.

O competitivo turismo consolídase en venda de imaxe e de servizos, no posicionamento dun destino dunha oferta, dun transporte e dunha estancia, dunhas experiencias, no aproveitamento dunha circunstancia temporal -unha ponte festiva ou unhas festas, a chegada da AVE-, a venda dunhas instalacións congresuais ou a proposta dunha estadía saudable nun balneario. Todo en alta mar ou na costa, no interior ou nunha illa. As ofertas multiplícanse exponencialmente desde a rural na España baleirada a unha volta ao mundo nun cruceiro de luxo ou un traslado en tren ou autobús até un parque multiaventuras ou o camiñar a Santiago, esquiar na alta montaña ou comer en gran restaurante. Os medios de comunicación, e agora as redes, móstranse como elementos decisivos para atopar ao cliente e ofrecerlle no momento oportuno a oferta axustada aos seus desexos e posibilidades económicas.

Co turismo, a industria da felicidade, lograramos reinventar a economía, ao situala como o sector de maior peso no PIB, por enriba mesmo da automoción. Se a iso engadimos a súa influencia sobre a industria agroalimentaria, o comercio, a cultura, a dixitalización, a publicidade ou a enerxía estaremos a falar de case canto conforma a economía que crea postos de traballo, paga a educación e a sanidade, contribúe de maneira decisiva ás prestacións sociais, enche a hucha das pensións, ou inviste en publicidade -asegurando a pervivencia e o labor dos medios-.

E tivo que ser un virus o que trasladou todo iso ás páxinas salmón dos xornais, o que puxo en evidencia a deficiencia informativa sobre o valor do turismo como fonte de riqueza e emprego, máis aló do que significara até entón cada compañía cotizada -todos coñeciamos a Renfe, Iberia, AENA, Viajes El Corte Inglés, Air Europa, Meliá, Balearia, etc.-, pero como cidadáns e mesmo como informadores non eramos conscientes do peso real do conxunto na economía española e mundial. É máis, estou convencido de que nun mar de datos de estadías, gastos medios, visitas de estranxeiros estivémonos e estámonos quedando curtos, cando non sometidos a estatísticas polo menos cuestionables.

Agora que é o momento da recuperación, necesitámonos todos, máis que nunca. É hora de establecer alianzas estratéxicas e de traballar coa intelixencia e a sabedoría dos bos profesionais. España necesita recuperar a súa imaxe ante o mundo e vender, mellor que ninguén, os seus múltiples atractivos. A verdade está baixo o sol, escintilante, e case todo está por facer. Xuntos poderemos conseguilo.

Outros artigos

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas las culturas, que se embebió de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.