A USC achega aos maiores do Son tres seminarios, dúas sesións prácticas e unha visita ao Museo do Pobo Galego

13 Abril 2022

O Concello de Porto do Son compartiu a axenda local do ciclo Camiños de Coñecemento e Experiencia, a iniciativa formativa e descentralizada da Universidade de Santiago para estender as súas ramificacións de ensino ás persoas maiores dos concellos. As actividades levaranse a cabo durante o mes de maio na Casa da Cultura, aínda que están previstas varias saídas. As inscricións xa están abertas e poden facerse a través do correo josepazo@portodoson.gal.

No caso do de Porto do Son, serán tres seminarios os que se van poñer a disposición da veciñanza: sobre vellos e novos oficios (o día 2 de maio), sobre simboloxías das cores (o 3 de maio) e sobre o papel que desempeñan as familias na educación (o 5 de maio). Ademais, haberá varias sesións prácticas (unha saída exterior o día 4 e un obradoiro sobre as familias na educación, o día 6 de maio). O día 10, a maiores, está programada unha visita ao Museo do Pobo Galego en Santiago, dirixida por José Manuel Vázquez Lijó, doutor en Historia e técnico de xestión do Museo Marea en Porto do Son, amais de colaborador no Programa Universitario de Marios, o IV Ciclo da USC.

Outros artigos

No Son abriu o prazo dos cursos creativos municipais

O Concello de Porto do Son abriu o prazo para participar na nova oferta de obradoiros e actividades formativas e creativas dirixidas á veciñanza para o curso 2026/2027. As clases darán comezo neste mes de outubro e abranguen disciplinas tanto artesanais como...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.