A obra do recoñecido artista ecuatoriano Oswaldo Guayasamín poderá verse no Centro Lustres Rivas de Ribeira

19 Abril 2022

O Centro Cultural Lustres Rivas vai acoller a partir deste xoves 21 de abril unha nova exposición titulada Emocións, do recoñecido artista ecuatoriano Oswaldo Guayasamín. A mostra, procedente dos fondos da Fundación Museo de Artes, será inaugurada á unha da tarde nun acto no que está prevista entre outros a presenza do alcalde Manuel Ruiz.

Segundo explican o Concello e o Museo de Artes, “trátase dunha mostra que amosa o amor aos seres humanos, a empatía cos seus sentimentos, a expresividade dos xestos, para configurar unhas obras cheas de vida, de emoción, de significado profundo”.

Estará exposta ata o 28 de maio.

O artista

Oswaldo Guayasamín nace en 1919 en Quito (Ecuador), de pai indio e nai mestiza, o que o leva a unha tendencia introspectiva para buscar as súas raíces, o seu pasado e a súa historia. Morre en Baltimore en 1999. Artista comprometido contra a inxustiza social, a súa arte amosa un singular valor simbólico centrado na loita dun pobo pola liberdade, o que se manifesta na súa plástica xa dende 1944 coa serie Huacayñan (en quechua “o camiño do pranto”), onde describe as culturas e crenzas dos países andinos. En 1961 comeza a serie A idade da ira, con máis de 5.000 debuxos e 250 lenzos, resumo da súa estética expresionista, con fortes xogos das cores primitivas para amosar a desolación humana. Nos anos oitenta crea a serie A idade da tenrura, amosando a harmonía do home co home.

Outros artigos

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.