A Festa da Chuvia desembarca en Rianxo por mar e por terra esta fin de semana 9 e 10 de abril

09 Abril 2022

Volve a Festa da Chuvia e faino ademais cun cartel de impacto (con dez bandas de primeira liña, moitas delas da nosa comarca) e con dous días de celebracións en dobre formato: a vertente terrestre do 9 de abril, con centro de operacións na vila de Rianxo, e a vertente marítima do domingo 10, coa singradura pola ría de Arousa do Barco da Chuvia. En ámbolos dous casos, nesta nova edición (unha edición de regreso, despois dos obrigadas parénteses motivadas pola COVID) estréase unha colaboración co Concello de Rianxo que promete dar moito que falar (e que escoitar).

Respecto do cartel do festival, segundo confirmaron os organizadores (o ribeirense Suso Bello e a súa banda A Compañía do Ruído), contará coa presenza de Canción Desastre, Os Bar Ban Sónicos, Grampoder, Broa, Machina, Banda de Gaitas Buxaina, Chamaquito Pistolas, Boroa, Radio Zapa e Tecor Societario. O programa, amais de música, inclúe unha Xinkana Poética Rianxeira e máis un Obradoiro Millo Verde.

Asemade, a operadora de telecomunicacións ribeirense Toxo Telecom confirmou que vai fretar un autobús para carrexar aos seareiros a Rianxo (o Toxobús). O evento tamén contará coa importante colaboración da Cafetería Castelao, en Rianxo, que se comprometeu a alimentar aos asistentes cunha paella. A organización da Festa da Chuvia informou de que a viaxe de ida e volta facilitada por Toxo, a consumición e o prazo de paella terá un custe de só dous euros. O Toxobús fará escalas en Ribeira (ás 10.00 horas), en Palmeira (ás 10.30 horas), na Pobra do Caramiñal (ás 10.40 horas) e máis en Boiro (sobre as 10.50 horas).

En Rianxo, a organización do festival compartiu un mapa no que figuran os puntos xeográficos máis destacados para os asistentes, entre os que figuran catro estacións (Estación Chove Miúdo, Estación Txuzos de Punta, Estación Salseiro na Toxeira e Estación Chove na Testa) e un punto neurálxico de encontro para recargar enerxías: o Bar Castelao, colaborador da iniciativa.

Outros artigos

Ribeira enche de actividades culturais o mes de maio

O Concello de Ribeira presentou as actividades do programa Maio Cultural, unha axenda na que o equipo de Goberno, a través das áreas de Educación e Cultura, envorcou esforzos para que fose o máis completa posíbel tendo en conta que e encadra no mes das letras por...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Si á prensa libre en España”. Antón Luaces

“Si á prensa libre en España”. Antón Luaces

O 8 de abril de 1966 entrou en vigor a Lei 14/1966, de 18 de marzo, de Prensa e Imprenta que o mundo do xornalismo da época coñeceu en España como "a Lei Fraga de liberdade de prensa". Non houbo tal: o 24 de setembro de 1973 -dous anos antes de que finara Francisco...