A Deputación vai financiar máis de 50.000 horas de axuda no fogar nos concellos de Barbanza

20 Abril 2022

A Deputación da Coruña anunciou o financiamento de 50.873 horas para o Servizo de Axuda no Fogar (SAF) nos concellos do Barbanza. A cifra foi publicada este mércores 20 de abril no BOP. En base a este financiamento, o programa de Servizos Sociais Comunitarios 2022 permitirá aos concellos da comarca contratar 21 profesionais e achegar un total de 50.873 horas de servizo asistencial, “un servizo imprescindíbel para a atención de maiores e dependentes, especialmente nos concellos rurais, e que ademais dá emprego a máis dun centenar de persoas na provincia”, segundo explicou o presidente da Deputación, Valentín González Formoso.

Concellos de menos de 20.000 habitantes

A nivel provincial, a concesión definitiva do Programa de Servizos Sociais Comunitarios 2022 suporá un importante investimento de 8,3 millóns de euros para financiar a contratación de 177 profesionais do ámbito social e un total de 386.823 horas de servizo de axuda no fogar nos municipios de menos de 20.000 habitantes da provincia.

No Barbanza

Nos concellos da comarca do Barbanza a Deputación financiará este ano cun investimento de preto de 1,7 millóns de euros a contratación de 21 profesionais e un total de 50.873 horas de axuda no fogar. “Seguimos a cumprir co noso compromiso de reforzar todos os programas de protección social, tanto os da Deputación como os que dan apoio aos municipios da provincia”, afirmou o presidente provincial, que destacou que “a Deputación financia hoxe na provincia 100.000 horas máis de servizo de axuda no fogar na provincia que hai dous anos”. Formoso salientou tamén “o gran esforzo que teñen que facer os pequenos concellos para poder contar cun equipo de profesionais especialistas no eido social”. E engadiu: “Por este motivo seguimos incrementando a dotación económica deste programa, un dos piares da Área Social da Deputación, permitindo que os concellos podan contratar máis persoal administrativo, técnico e de axuda a domicilio”.

O orzamento dedicado ao Programa de Servizos Sociais Comunitarios incrementouse durante o mandato de Valentín González Formoso de 4 a 8,3 millóns de euros.

Outros artigos

Atopan o cadáver dun home no seu domicilio en Noia

Un home de 78 anos foi achado sen vida no seu domicilio. O Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de Noia accedeu ao interior da casa a través dunha xanela, xa que non puideron abrir a porta, a cal estaba pechada con chave. O corpo sen vida pertencía a un residente...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“25 abril medio século de história”. Manuel Dominguez

“25 abril medio século de história”. Manuel Dominguez

Este ano de 2024 celebramos meio século dende aquele Abril dos Cravos, Portugal era uma ditadura, os jovens capitães rebelaram-se e tomaram o poder, sendo um exemplo global ao entregar o poder ao povo.O contra-sinal do levante era “E depois doa deus”, depois a...