A Deputación financia a mellora da seguridade viaria na rúa Coruña, en Noia

22 Abril 2022

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, e o alcalde de Noia, Santiago Freire, asinaron este 22 de abril un convenio de colaboración para financiar o proxecto de seguridade viaria na rúa Coruña. A actuación, que está valorada en 84.527,05 euros dos que a Deputación aportará 67.621,64 euros, o 80% do orzamento, permitirá mellorar a seguridade de vehículos e peóns “nunha rúa interior do casco urbano de Noia que é moi utilizada xa que, por unha banda, conta cunha elevada actividade comercial e, pola outra, une as vías AC-550 e AC-311”, sinalaron.

Os traballos a levar a cabo incluirán, ademais da renovación do firme e da reposición da sinalización horizontal que se atopa moi deteriorada, a recolocación de dous pasos de peóns que “pola pouca visibilidade que teñen, ofrecen certo risco para o paso das persoas maiores”, explicaron Formoso e máis Freire, engadindo que noutros tres lugares de tránsito peonil axustaranse os pasos de peóns co obxectivo de mellorar a súa accesibilidade. Amais, “debido a que en obras anteriores foise subindo a cota do firme sen modificarse a das beirarrúas”, realizarase unha escarificación da plataforma para que os itinerarios dos peóns gañen en altura.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.