A Deputación destina 630.000 euros para a mellora da seguridade viaria e equipamentos en Boiro

19 Abril 2022

A Deputación da Coruña, a través do seu Plan Único, anunciou que vai destinar 630.000 euros para financiar tres obras de mellora da seguridade viaria, equipamentos e servizos en diferentes puntos do concello de Boiro.

Unha destas actuacións será a execución de beirarrúas e servizos desde Cespón a Quinteiro (beira este), na estrada DP-1106, dende o PK 4,700 ao PK 6,200. Os traballos consistirán “na creación dunha beirarrúa de 1,5 metros de ancho e a instalación de rede separativa de pluviais e fecais, de abastecemento e nova iluminación pública”.

O segundo proxecto que está a licitación é o de mellora da eficiencia enerxética no CEIP Santa María do Castro. O obxectivo é “realizar unha fachada térmica tipo SATE para eliminar pontes térmicas, humidades por condensación e colonizacións por fungos, obtendo unhas axeitadas condicións de confort interior e salubridade cun mínimo consumo enerxético”.

Por último, o Plan Único financiará a mellora de pavimentos e servizos nos lugares de Carragueiros, Currillo, A Mina e Loimar. En total, mellorarase o firme en 2.432 metros de vía e, no caso do lugar de Currillo, aproveitarase para executar unha rede separativa de pluviais que “garanta que as augas de choiva non deterioren a estrada e que non acaben filtrando na rede de fecais existente”, sinalou a Deputación.

As tres obras están en fase de licitación pública. O prazo para a presentación de ofertas na Plataforma de Contratación do Estado remata o 28 de abril.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...