A Deputación convoca o premio Francisco Tettamancy para alumnado de secundaria

06 Abril 2022

A Deputación da Coruña convida aos centros educativos de secundaria da provincia a concursar no Premio Escolar Francisco Tettamancy, destinado a popularizar e divulgar, desde unha perspectiva lúdica e participativa, o legado do escritor, historiador e activista galeguista. Os alumnos, dos cursos de 1º a 4º de ESO, deben realizar unha intervención artística arredor da figura de Tettamancy a partir do emprego de calquera disciplina de expresión creativa. O prazo de presentación de traballos remata o 18 de maio.

Concederase un único premio en metálico dotado cunha cantidade de 2.000 euros para a compra de material escolar, xunto coa entrega dunha distinción simbólica e un recoñecemento público. En todos os casos a participación por centro deberá ser colectiva. Os equipos deberán estar integrados polo alumnado de, cando menos, unha clase, e estar coordinados por, como mínimo, un ou unha das súas docentes, sendo esta persoa responsable da intervención. Valoraranse especialmente aqueles traballos que incorporen unha visión ampla do contexto da súa xeración ou atendan a acontecementos históricos aos que estivo vinculado, tanto de forma directa, como protagonista destes, como a través do seu estudo ou análise.

Escritor, colaborador en prensa, traballador da Deputación provincial, membro fundador da Real Academia Galega, integrante da Real Academia Belas Artes de San Fernando e participante na xuntanza constituínte das Irmandades da Fala, Tettamancy foi un dos principais personaxes do núcleo galeguista da Coruña e un dos protagonistas dos diferentes movementos do Rexurdimento cultural e político de Galicia desenvoltos entre finais do século XIX e comezos do século XX.

A convocatoria deste certame é outra das actividades que as áreas de Patrimonio e de Normalización Lingüística da Deputación programaron este ano para poñer en valor a figura e a obra do intelectual coruñés. En xaneiro celebrouse na sede provincial unha homenaxe, encabezada pola deputada María Muíño e o deputado Xosé Lois Penas, na que participou a bisneta de Tettamancy Charo Varela. O programa inclúe a realización dun pequeno vídeo sobre a vida, obra e contexto histórico do escrito e historiador, que xa se pode ver na cale de Youtube da Deputación, o deseño dunha unidade didáctica para facilitar que o profesorado poida traballar nas aulas a historia galega relacionada coa revolta de 1846, e a publicación da obra ‘A revolución galega de 1846’ traducida ao galego.

As bases da convocatoria están publicadas no Boletín Oficial da Provincia do 28 de febreiro e poden tamén consultarse e descargarse na seguinte ligazón: https://bit.ly/3NPSR2o

Outros artigos

A Deputación premia o traballo das entidades sociais da provincia

A Deputación da Coruña entregou este mércores 7 de maio os IV Premios de Boas Prácticas en Servizos Sociais, uns galardóns que "recoñecen o compromiso e a traxectoria de entidades e profesionais que traballan pola inclusión social e o benestar das persoas máis...

+

O Ciclo Mestre Mateo volve a Boiro na súa cuarta edición

O Ciclo Mestre Mateo arranca a súa cuarta edición na provincia da Coruña grazas ao apoio da Deputación de Coruña. Os detalles da xira foron dados a coñecer en rolda de prensa na sede da institución, coa presenza da deputada de Cultura, Natividade González, e a vogal...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Días de inverno ou de abril”. Luís Celeiro

“Días de inverno ou de abril”. Luís Celeiro

Era un día de choiva, como moitos outros deste ano e de anos anteriores, chovía sen parar tampouco paraba a chuvia no chan. Era un día como moitos, chovía a destempo aquí e alí, aun par de quilómetros, o sol quentaba as canelas e o carrelo da xente que pasaba. Era...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.