A Casa da Cultura de Noia acolle en maio un curso de elaboración de sancosmeiros

27 Abril 2022

A Asociación Pon un Sancosmeiro organiza un curso de elaboración dun sancosmeiro, que é, como todas e todos sabemos, o sombreiro tradicional da comarca noiesa (e tamén da Barcala, do Xallas e de varias zonas do Barbanza e Sar), feito con palla, de aba ancha e copa baixa con cinta negra, moi indicado para protexer ás usuarias do sol durante os traballos. Volvendo ao curso, desenvolverase todos os sábados de maio das 17:00 h ás 19:30 horas. Impartirase na Casa de Cultura de Noia.

A matrícula son 80€ e inclúe o material para o curso. As persoas interesadas en participar poden anotarse antes do 3 de maio no primeiro andar da Casa do Concello.

Outros artigos

Proseguen os traballos de extinción do lume de Ribasieira (O Son)

Este martes 22 de setembro segue activo o lume forestal do concello de Porto do Son, orixinado e focalizado (polo de agora) na parroquia de Ribasieira, nun lugar de difícil acceso que pola súa complicada orografía e pola precariedade dos accesos motivou onte o...

+

Noia celebra un obradoiro básico e práctico de lingua galega

O Departamento de Normalización Lingüística do Concello de Noia pon en marcha unha nova actividade dirixida a persoas adultas interesadas en iniciarse no uso oral e escrito do galego: un obradoiro básico e práctico de lingua galega. A actividade formativa será de...

+

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.