A aula CeMIT de Ribeira pon a disposición da cidadanía cinco novos cursos tecnolóxicos

08 Abril 2022

A aula CeMIT de Ribeira abre o prazo de inscrición de cinco cursos gratuítos para abril e maio, catro dos cales desenvolveranse no propio centro de dinamización e capacitación tecnolóxica do barrio de Cubeliños (debaixo da Escola Infantil Municipal) e outro en Castiñeiras.

Entrada da aula CeMIT en Ribeira

Así, do 17 de abril ao 30 de marzo celebrarase un curso sobre Utilidades de Google. As clases serán os luns e os mércores en horario de 9.30 a 11 horas.

Do 19 de abril ao 26 de maio haberá outra acción formativa dedicada a Retoque de Imaxe (GIMP). Neste caso, os martes e xoves de 9.30 a 11 horas.

Do 18 de abril ao 30 de maio, tocaralle a Informática Básica, estando dirixida ás persoas maiores de 55 anos: será os luns e mércores de 18.30 a 18 horas.

Do 18 ao 28 de abril, haberá outra actividade sobre Sede Electrónica (martes e xoves de 16.30 a 18 horas).

Por último, do 18 de abril ao 31 de maio na Casa de Cultura de Castiñeiras desenvolverase outro curso de Informática Básica para maiores de 55 anos. As clases impartiranse os martes e xoves de 11.30 a 13 horas.

As persoas interesadas poden anotarse na aula CeMIT de Ribeira (teléfono: 981 876 043 / correo electrónico: cemit.ribeira@xunta.gal) ou vía web na páxina da aula.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...