A ABE traballa con Barbanza Arousa en materia de sustentabilidade turística

07 Abril 2022

A Asociación Boirense de Empresarios (ABE) participou nas mesas de traballo organizadas por Barbanza Arousa, nas que participaron empresas do sector turístico do territorio con vistas a elaborar as propostas que a mancomunidade presentará aos plans de sustentabilidade turística convocados polo Ministerio de Industria. O representante da ABE encargado de participar nas ditas sesións de traballo de Barbanza Arousa foi o seu tesoureiro e delegado da comisión de Hostalería e Turismo, Jesús Santamaría.

Santamaría trasladou o punto de vista da ABE sobre as posíbeis melloras a implantar na estratexia turística, unha folla de ruta que “ademais de encamiñarse cara a atracción de novos visitantes tamén debe dirixirse a desestacionalizar as visitas que principalmente se centran no verán e a tentar de aumentar o número de prazas hoteleiras”, comentou, ao tempo que insistiu na necesidade de “que as administracións públicas, asociacións e empresarios traballemos en común para que a estratexia turística da comarca sexa consensuada”.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...