A ABE e o Concello organizan unha charla sobre o prestixio empresarial e de marca que outorga o uso do galego

26 Abril 2022

A patronal boirense (ABE), coa colaboración do Concello, organiza este mércores unha innovadora actividade divulgación e formación dirixida a amosar casos de éxito da utilización do galego na comunicación empresarial. Trátase da xornada Fálame sempre: o galego como estratexia empresarial.

Segundo explica a Asociación Boirense de Empresarial sobre os porqués desta cita, “ao igual que o uso do francés para a venta de perfumes ou champaña asociase á bondade do produto, tamén o uso do galego nas etiquetaxes o nas cartas dos restaurantes pode ser un signo de garantía de calidade”. Este punto e a necesidade de transmitirllo ás empresas locais para axudalas a que gañen prestixio de mercado será o miolo da cita deste mércores 27 de abril, prevista para as 20:30 hs no salón de actos da ABE. Contarase coa presenza de tres empresas locais que compartirán a súa experiencia:

Casa da Avoa

Casa da Avoa é o proxecto persoal de Victor e Abel, dous amigos da comarca de O Barbanza que decidiron lanzar a súa propia liña de embutidos cunha presentación moi canalla e con receitas transgresoras e diferentes. Chouriciños e roxóns en lata, sticks picantes e chourizos recheos de queixo ou castañas son algunhas das súas propostas.

A librería de rosa

Unha fiestra cara a imaxinación en pleno corazón de Boiro no que podemos atopar literatura estranxeira e española. Novela, teatro e poesía. Libros de diversa temática: infantil, economía, dereito, humanidades, informática, ficción, históricos..

Furancho Boiro

Local de tapas localizado en Boiro cunha ampla carta de tapas e racións elaboradas con produtos galegos seleccionados con mimo e da máxima calidade. Comida tradicional con servizo de comida por encargo e para levar.

Coloquio

As empresas participarán nun coloquio ao que se sumarán dúas autoridades na materia: por unha banda Valentín García Gómez, secretario xeral de Política Lingüística e, pola outra, Xosé González Martínez, director da revista Lingua e Dereito, que edita a Universidade de Vigo. Tanto no coloquio como no decurso da xornada participarán tamén Daniel García, presidente da ABE, José Ramón Romero, alcalde de Boiro, Dorres Torrado, concelleira de Política Lingüística e Alberto García, técnico de Cultura do Concello de Boiro.

O rematar a xornada os asistentes poderán degustar uns pinchos.

O acto é de entrada libre ata completar aforo, os interesados en asistir poden reservar o seu asento no correo info@abe.gal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.