A ABE e o Concello de Boiro mostran as posibilidades empresariais do galego nunha nova charla de “Fálame sempre”

Este mércores 27 de abril, a sede Asociación Boirense Empresarios vai dar acollida a unha nova edición dos coloquios Fálame sempre, organizados pola ABE e o Concello de Boiro, co obxectivo de amosar casos de éxito no emprego da lingua galega en ámbitos empresariais.

A cita será ás 20.30 horas no salón de actos da entidade empresarial. Desenvolverase baixo o epígrafe O galego como estratexia empresarial. A charla incluirá unha benvida, unha presentación de varios casos de éxito (A Librería de Rosa, Casa da Aboa e Furancho Boiro) e, para rematar, un coloquio. Quen precise máis información sobre a actividade cómpre que se poña en contacto co Centro Social de Boiro ou coa ABE (a través de info@abe.gal).