A ABE acolle o 3 de maio unha sesión de coaching centrada na xestión de equipos profesionais

26 Abril 2022

O vindeiro 3 de maio vaise celebrar na sede da ABE (no 85 da avenida da Constitución), en Boiro, un curso de balde sobre como liderar e xestionar equipos de profesionais nunha empresa, aplicando metodoloxías que garantan o talento de todos e cada un dos integrantes e do conxunto.

A sesión de adestramento Xestión de Persoas, que é de balde, xa ten aberto o prazo de reservas, que poden facerse a través da conta de correo crearfuturo@focyl.com e dos números 678 497 514 e 665 614 472 (WhatsApp).

Inclúe catro horas de formación. Será impartida por unha profesional coach experta en xestión de talento: Cintia Salido. A actividade, organizada pola ABE, vén da man da entidade estatal Red.es.

Esta sesión gratuíta axudaranos a:

-Coñecer as principais técnicas para xestionar equipos presenciais e remotos, usando novas ferramentas de xestión de equipos.

-Aprender a xestionar equipos de alto rendemento empregando as ferramentas dixitais.

-Coñecer os novos tipos de liderado e as técnicas aplicacións en contornas dixitais.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...