Galicia segue quedando nunha zona intermedia entre as altas presións situadas ao norte e as borrascas do sur peninsular. Así, agárdase unha xornada de ceos parcialmente cubertos, con ceos máis abertos no norte e oeste da Comunidade e con máis nubes no resto, onde mesmo se podería rexistrar algún chuvasco illado e ocasional. As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso mentres que as máximas seguirán sen cambios. O vento soprará de compoñente leste, frouxo con intervalos de moderado, forte no litoral norte e zonas altas.

O NOSO MAR: Vento do nordés á mañá e á tarde e do nordés á noite, forza 4 a 5 á mañá e 2 a 4 á tarde e á noite. Forte marusía á mañá, marusía á tarde e mar ovellado á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1.5 a 2.5 metros á mañá e 0.5 a 1.5 metros á tarde e á noite.
Mareas
Muros | ||
---|---|---|
Hora* | Altura | |
Baixamar | 01:49 | 0.9 m |
Preamar | 08:06 | 3.2 m |
Baixamar | 14:13 | 1.2 m |
Preamar | 20:38 | 3.1 m |
Vigo | ||
---|---|---|
Hora* | Altura | |
Baixamar | 01:40 | 1.0 m |
Preamar | 08:01 | 3.1 m |
Baixamar | 14:08 | 1.2 m |
Preamar | 20:31 | 3.1 m |
Vilagarcía | ||
---|---|---|
Hora* | Altura | |
Baixamar | 01:44 | 0.9 m |
Preamar | 08:04 | 3.2 m |
Baixamar | 14:10 | 1.2 m |
Preamar | 20:35 | 3.1 m |
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)