Xoves con chuvascos e baixa de temperaturas

30 Marzo 2022

O xoves Galicia estará afectada pola chegada dunha fronte fría. Deste xeito, o ceo estará parcialmente cuberto, con chuvascos ocasionalmente fortes que poderán vir acompañados de sarabia. A cota de neve baixará progresivamente dos 1200 metros durante a mañá ata os 700 metros na noite. As temperaturas descenderán, con xeadas en zonas de interior. A comarca moverase entre os 4 e os 15 graos.

Os ventos soprarán de compoñente norte, aumentando en intensidade pola tarde, con intervalos fortes no litoral norte e zonas altas.

meteogalicia

O NOSO MAR: Vento do noroeste á mañá e do norte á tarde e á noite, forza 4 a 5 á mañá e á noite e 4 a 6 á tarde. Forte marusía. Visibilidade mala á mañá e á tarde e boa á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1.5 metros á mañá, 1.5 a 2 metros á tarde e 1 a 2 metros á noite.

Mareas


Muros
Hora*Altura
Preamar04:243.9 m
Baixamar10:350.5 m
Preamar16:493.7 m
Baixamar22:490.5 m
Vigo
Hora*Altura
Preamar04:163.8 m
Baixamar10:290.5 m
Preamar16:403.6 m
Baixamar22:400.6 m
Vilagarcía
Hora*Altura
Preamar04:213.8 m
Baixamar10:340.5 m
Preamar16:453.6 m
Baixamar22:450.5 m

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.