O venres aumenta lixeiramente a influencia das baixas presións situadas ao sur da Península aumentando así a inestabilidade. Con esta situación, agárdanse ceos con alternancia de nubes e claros, sen descartar algún chuvasco illado e ocasional, máis probable a partir de media tarde. As temperaturas mínimas experimentarán un moderado ascenso, mentres que as máximas non terán cambios significativos. Os ventos soprarán de compoñente leste, frouxos pola mañá, aumentando a moderados pola tarde.

O NOSO MAR: Vento do leste á mañá, do norte á tarde e do leste á noite, forza 2 a 3 á mañá e á tarde e 3 a 4 á noite. Mar ovellado á mañá e á tarde e marusía á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1 metros.
Mareas
Muros | ||
---|---|---|
Hora* | Altura | |
Baixamar | 02:54 | 1.2 m |
Preamar | 09:18 | 2.9 m |
Baixamar | 15:30 | 1.4 m |
Preamar | 21:58 | 2.9 m |
Vigo | ||
---|---|---|
Hora* | Altura | |
Baixamar | 02:47 | 1.2 m |
Preamar | 09:14 | 2.9 m |
Baixamar | 15:22 | 1.4 m |
Preamar | 21:53 | 3.0 m |
Vilagarcía | ||
---|---|---|
Hora* | Altura | |
Baixamar | 02:50 | 1.2 m |
Preamar | 09:16 | 2.9 m |
Baixamar | 15:25 | 1.4 m |
Preamar | 21:57 | 2.9 m |
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)