Venres con chuvascos intermitentes

10 Marzo 2022

O venres quedaremos nunha área de chuvascos entre dúas frontes. Deste xeito, teremos ceos con intervalos nubrados, con chuvascos, máis ocasionais pola tarde. A partir de media noite chega unha fronte polo oeste con chuvias que se irán estendendo durante a madrugada. As temperaturas mínimas ascenderán moderadamente, mentres que as máximas sufrirán un lixeiro descenso. Os ventos soprarán de compoñente oeste virando a sur e aumentando de intensidade pola noite.

meteogalicia

O NOSO MAR: Vento do sudoeste á mañá, do oeste á tarde e do sur á noite, forza 4 a 5 á mañá e á tarde e 4 a 6 á noite. Visibilidade mala á mañá e boa á tarde e á noite. Forte marusía. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 5 a 6 metros á mañá e á tarde e 6 a 7 metros á noite.

Mareas


Muros
Hora*Altura
Baixamar04:051.7 m
Preamar10:232.5 m
Baixamar16:321.7 m
Preamar23:142.6 m
Vigo
Hora*Altura
Baixamar03:551.7 m
Preamar10:142.5 m
Baixamar16:211.7 m
Preamar23:022.6 m
Vilagarcía
Hora*Altura
Baixamar04:031.7 m
Preamar10:222.5 m
Baixamar16:331.7 m
Preamar23:112.6 m

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.