Unha quincena de ribeirenses percorreron a terceira etapa do camiño de Santiago ” A Orixe”

07 Marzo 2022

Unha quincena de veciños e veciñas do noso municipio animáronse onte domingo a seguir percorrendo o Camiño de Santiago do Barbanza ‘A Orixe’ continuando coa iniciativa de aproveitar as fins de semana para ir completando tramos do itinerario xacobeo.
Nesta ocasión tocoulle á terceira etapa, que cunha distancia de 32,3 kilómetros é a máis longa das seis que o compoñen, enlazando a Igrexa de Santa María do Caramiñal na Pobra coa Igrexa de San
Vicenzo de Cespón en Boiro e atravesando lugares como Escarabote ou Cabo de Cruz, dous enclaves de fonda tradición mariñeira.
Ucraína
Durante o traxecto os asistentes (entre os que figuraban os concelleiros Juana Brión e Víctor Reiriz, ademais de Manuel Mariño, presidente da Asociación de Amigos do Camiño do Barbanza A Orixe)
quixeron expresar o seu apoio aos ucraínos exhibindo varias bandeiras desta nación.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda. Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un "home tranquilo", deixou este mércores un pouso de...