Un total de 34 veciñas de Lousame participaron na andaina pola igualdade

14 Marzo 2022

Un total de 34 veciñas de Lousame desafiaron a choiva e o vento para tomar parte da Camiñada pola igualdade, organizada polo Concello de Lousame para conmemorar o Día da Muller (o pasado 8 de marzo). Guiadas polo técnico de Deportes e acompañadas polo tenente de alcaldesa, Ramón Martínez, este grupo de mulleres percorreu oito quilómetros dunha ruta de sendeirismo a carón do río Pesqueira.

A andaina partiu da casa consistorial lousamiá onte domingo 13 de marzo, ás 10:30 horas, para chegar ao mesmo punto dúas horas e media despois. Todas as participantes levaron de agasallo unha camiseta morada coa lenda Lousame camiña pola igualdade.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.