Un home tivo que ser trasladado nun helicóptero despois de caer do tellado dunha casa en Carnota

28 Marzo 2022

Un home necesitou asistencia urxente esta tarde ao precipitarse do tellado dunha casa a sete metros de altura en Carnota.

Foi un familiar do home ferido quen alertou dos feitos ao 112 Galicia, uns minutos antes das catro. Segundo indicaba na seu relato aos xestores do CIAE 112 Galicia, a caída tivera lugar nun complexo de apartamentos situado en Velouro.

Acto seguido, o persoal do 112 Galicia solicitou a intervención dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron un helicóptero cun equipo médico a bordo para prestar axuda ao home e trasladalo, finalmente, ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.

Cómpre sinalar que neste operativo tamén interviñeron os efectivos do GES de Muros, os axentes da Garda Civil e da Policía Local e os membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Carnota.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.