Tras dous anos volven as procesións de Semana Santa a Boiro

30 Marzo 2022
Concello

Boiro recupera a Semana Santa coas procesións e actos litúrxicos tradicionais. Así o anunciaron Plácido Amboage, responsable da Irmandade do Cristo da Misericordia, e o párroco local, Julio Cárdenas, que presentaron o programa acompañados pola concelleira de Cultura, María Outeiral.

O día 8, venres de Dores, celebrarase o arranque das actividades. Haberá un pregón a cargo do bispo auxiliar de Santiago de Compostela, Francisco José Prieto, e impoñeranse as medallas aos novos confrades no transcurso dunha misa ás 20.00 horas e culminará coa primeira das procesións.

Os fregueses regresarán o 10 á igrexa de Santa Baia para a tradicional bendición dos ramos, que se efectuará ás portas do templo, Hai programada unha celebración única, ás 11.00.

O Xoves Santo ás 21.00 horas comezarán o seu percorrido as imaxes do Ecce Homo, a Virxe da Amargura e a Soledad, que percorrerán as rúas arroupadas polos confrades da Irmandade do Cristo da Misericordia e todos aqueles veciños que queiran sumarse. Unha hora antes celebrarase a Cea do Señor.

O Venres Santo os actos comezarán ás 19.00 horas coa celebración da Paixón do Señor, para continuar coa escenificación do desencravo e culminar coa procesión do Santo Enterro.

O Sábado Santo será a Vixilia Pascual do 16 (21.00 horas) e as misas do Domingo de Resurrección (12.00 e 20.00 horas).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda. Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un "home tranquilo", deixou este mércores un pouso de...