TRAGSA ofrece unha conferencia sobre emprego en Ambar

09 Marzo 2022

Na mañá deste 9 de marzo, a xerente de Persoas da Unidade Territorial de Galicia, Asturias e Cantabria do Grupo TRAGSA (Transformación Agraria Sociedade Anónima), Fe Meitín deu unha conferencia online ó alumnado das formacións de comercio e industria alimentaria que a asociación inclusiva Ambar está impartindo nas súas instalacións de Frións.

Durante a xornada, Fe compartiu a visión e o recorrido do Grupo TRAGSA cara a procesos máis inclusivos, lembrando que a empresa que representa divídese en 5 unidades territoriais en toda España con presenza en todas as provincias, e que está integrado por TRAGSA e TRAGSATER, sendo o seu obxectivo “velar polo medio rural e pola conservación da natureza”.

Á xornada asistiron as 20 alumnas e alumnas das formación sobre industria alimentaria e comercio que Ambar imparte grazas ao financiamento da Fundación ONCE, no programa Uno a Uno.

Tamén estiveron presentes en representación de Ambar: Alicia Romero, responsable da área administrativa da asociación; Daniel Tojo, orientador laboral; e Ángeles Sampedro, técnica de emprego, amais das dúas docentes Raquel Riveiro e Irene Paz.

Esta foi a terceira xornada dun ciclo de conferencias con empresas ó que xa asistiron representantes da empresa CLECE e da cooperativa Covirán.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.