Títeres Mircromina representa “Cousas da Casa” en Outes no marco das celebracións do 8M

10 Marzo 2022

Este sábado 12 de marzo, no marco das celebracións do Día Internacional da Muller (8M), o Concello de Outes organiza un espectáculo con Titeres Mircromina, a función para a rapazada Cousas de Casa. A cita será no salón de actos da Casa da Cultura de Outes, o sábado a partir das 19.00 horas. As entradas poden recollerse no dito inmóbel de luns a venres en horario de 10.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 20.00 horas.

Cousas da Casa é un espectáculo para todos os públicos que realiza un percorrido por aqueles conceptos que nos permiten reflexionar acerca da igualdade entre mulleres e homes nos distintos ámbitos, con especial énfase na reincorporación profesional da muller despois de ser mai e a corresponsabilidade do home como pai nos coidados do novo membro da familia.

Ficha técnica e artística

Para tódolos públicos, infantil e primaria.

Duración: 40 min.

Dirección, manipulación e arranxos: Ton Arenas.

Asesoramento e detalles: Irene Vecchia + Claudio Arenas.

Técnica: monicreques de luva e de varilla.

Outros artigos

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Dor e sufrimento” – José Manuel Pena

“Dor e sufrimento” – José Manuel Pena

No colexio, na piscina, no ximnasio, nunha excursión polo campo ou dentro do propio núcleo familiar, que muller non sufriu algún acoso ou agresión de tipo sexual? Eran outros tempos, din algúns. A pesar de todo, actualmente, unha gran parte da sociedade segue mirando...

“Ratos, ratiños e tornarratos” – Antón Luaces

“Ratos, ratiños e tornarratos” – Antón Luaces

O que foi e o que non é;  o que puido ser e a realidade converteu nunha experiencia máis para todos; o que o presidente autonómico canario quixo transmitir coma un relato propio daquel personaxe que foi "Cantinflas", quedará gravado para sempre na memoria de cantos, a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.