Tía Manuela: “A fame e a fartura”. Luís Celeiro

31 Marzo 2022

Din que cando a fame aperta, afrouxa a vergoña e hai casos, moitos casos, nos que se descoñece a vergoña e a fartura é tan enorme que lles impide dobregar o espiñazo aos cidadáns mal educados. A fame, a desnutrición e a pobreza van da man, son compañeiras que non se separan e que medran cada ano. De modo especial medran naqueles países que se caracterizan polas súas economías extremadamente fráxiles e subdesenvolvidas, naqueles que andan en guerras e en conflitos étnicos ou sectarios.
A lectura do informe “O estado da inseguridade alimentaria no mundo 2021”, elaborado por cinco axencias de Nacións Unidas, pon os pelos de punta. Aquí dise que “o 10 % da poboación mundial sufriu inseguridade alimentaria en 2020” e máis de oitocentos millóns de persoas non sabían se poderían levar algo á boca algún día. Mentres tanto, os farturentos calados, en silencio seguido.
Ao parecer, os famentos aumentan a un ritmo superior ao que medra a poboación mundial, impedindo o cumprimento do segundo Obxectivo de Desenvolvemento Sostible, que ten como meta erradicar a fame para o 2030. Pola contra nese ano, de seguir con tanta desigualdade, máis de seiscentos cincuenta millóns de persoas non terán nada para comer.
A fame e a desigualdade son verdadeiras pandemias, alimentadas polos homes das guerras, polas inxustizas, polos desprazamentos forzosos, pola escaseza de auga para beber e polas inundacións que entran a matar.
Os responsables deste informe aludido conclúen con algo que debería ser respectado polos que mandan nos políticos, por esas multinacionais ás que nada lles importa a fame, que andan preocupadas esencialmente pola fartura dos integrantes das sociedades consumistas, polo negocio dos alimentos. Así, igual que o sentido común, propoñen desenvolver unha transformación dos sistemas alimentarios, que permita reducir o custe dos alimentos nutritivos e saudables, e que se reformen as políticas, para “incorporar a nutrición nos seus enfoques da agricultura”.
Efectivamente, cómpre reducir os gastos de produción, de almacenamento, de transporte, de distribución e comercialización dos alimentos. Cómpre reducir as ineficacias, a perda e o desperdicio dos alimentos, e dar axudas económicas e técnicas aos pequenos produtores, aos de cerca, aos locais, a eses que saben o que fan e que o fan. Como di a Tía Manuela, “cómpren políticas para eliminar a fame e repartir a fartura”.

Outros artigos

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas las culturas, que se embebió de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.