Tarabela leva a Outes o espectáculo sobre sexualidade feminina “Tabú”

15 Marzo 2022

O Concello de Outes, ao abeiro das actividades programadas no ámbito local para conmemorar o Día Internacional da Muller (o pasado 8 de marzo), vai organizar este sábado 19 de marzo un espectáculo teatral a prol da igualdade. Trátase de Tabú, unha función de Tarabela Teatro especialmente indicada para maiores de 12 anos. Será o sábado no salón de actos da Casa da Cultura, a partir das 20.00 horas. As entradas poden recollerse na Casa da Cultura de luns a venres en horario de mañá (de 10.00 a 14.00 horas) e de tarde (17.00 a 20.00 horas). Trátase dunha actividade financiada on cargo ás créditos recibidos do Ministerio de Igualdade.

Argumento

Tabú é o novo espectáculo de Carmen Conde, que nace froito das conversacións recollidas con mulleres de entre 70 e 95 anos en Valmiñor, o Morrazo, o Courel, a Mariña Lucense, a Costa da Morte e ou Couto Mixto sobre a súa vida erótica e sexual de mocidade. Trátase, en palabras de Tarabela, “dun show de narración oral coa misión de transmitir as historias de confusión, segredo, amor, picaresca e sexualidade (a máis cruel e a máis desexada) das mulleres que son o alicerce da terra galega, as que poden explicar o que somos agora nós: fillas do Tabú”.

Un tendal para pór ao clareo todas as intimidades.

Datos técnicos

Autoría: Dramaturxia: Carmen Conde. Música: Nastasia Zürcher o Su Garrido Pombo.

Dirección: Carmen Conde

Intérpretes: Carmen Conde Gaute, Nastasia Zürcher e Su Garrido Pombo.

Tradución: Carmen Conde

Adaptación: Texto orixinal.

Escenografía: Neves Seara Palacio

Vestiario: Carmen Conde

Música: Nastasia Zürcher o Su Garrido Pombo.

Iluminación: Tarabela Creativa

Son: Ezequiel Orol López

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.