Talía Teatro leva a Boiro “Morte accidental dun anarquista” de Dario Fo

22 Marzo 2022

Este venres 25 de marzo a compañía Talía Teatro vai estar en Boiro para representar a función para público adulto Morte accidental dun anarquista. Será ás 21.00 horas na Casa da Cultura de Boiro. As entradas estarán dispoñíbeis no mesmo día do espectáculo.

A representación de Morte accidental dun anarquista está dirixida por Cándido Pazó e conta cun elenco formado por Toño Casais, Dani Trillo, Xurxo Barcala, Rubén Prieto, Artur Trillo, Diego Rey e Marta Ríos. Trátase dunha versión da obra do mesmo nome de Dario Fo, “un clásico teatral dos últimos tempos”, en palabras de Talía Teatro. Así nos explican a súa proposta os integrantes da agrupación: “Quixemos unirnos á inmensa nómina de compañías que montaron, montan e montarán as súas pezas, e entre elas, madía leva, a máis emblemática de todas. Os clásicos é o que teñen, que as súas portas están sempre abertas a novas visitas: dos creadores e do público. Porque, por desgraza, cincuenta anos despois de ser escrito, este sainete político, esta disparatada pero reflexiva comedia, segue aportando sons que, dun xeito máis ou menos directo ou metafórico, reverberan aínda nos muros da actualidade”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.