Suspendidas as eleccións do PSdeG-Psoe en Ribeira ao detectar anomalías en altas de militantes

04 Marzo 2022

A executiva do PSOE suspende as eleccións de Ribeira ao detectar anomalías en altas de militantes
A comisión executiva nacional galega determinou a través do secretario de organización, José Manuel Lage, a suspensión do proceso de renovación de cargos a nivel local convocado para este sábado.

Desde a dirección autonómica xustifícase a medida indicando que, nos últimos días, tivo coñecemento dunha serie de acontecementos que cualifica de máxima gravidade e que entende que poden afectar de maneira significativa á vida política da organización en Ribeira. Unha das causas da decisión estaría na detección de posibles anomalías en altas de militantes rexistradas durante os últimos meses.

A agrupación local viu duplicado o seu número de afiliados, ao pasar de 40 a máis de 80. Entre os novos integrantes figuran membros dun sector crítico coa executiva dirixida por José Manuel Vilas, o que orixinoi entón un conflito que acabou con denuncias por agresións na Policía Nacional e no Xulgado.

Ante esta situación, José Manuel Vilas continuará polo momento como secretario xeral do PSOE de Ribeira, dado que desde a comisión executiva nacional galega non se estableceu un horizonte para a convocatoria dunha nova asemblea.

A decisión tomada durante a tarde de onte polos órganos galegos da dirección socialista do partido foi comunicada aos militantes.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Tomadura de pelo en prime time”. José Antonio Constenla

“Tomadura de pelo en prime time”. José Antonio Constenla

Hoy ha triunfado el amor, no podía ser de otra manera. Porque, ¿existe alguienque, al igual que Pedro Almodóvar, no haya llorado “como un niño” después deleer la carta a la ciudadanía o escuchar la intervención del presidente de ayer?A veces pienso que somos unos...

“Convulsión y especulaciones”. José Castro López

“Convulsión y especulaciones”. José Castro López

Convulsión en la sociedad después del retiro del presidente “al rincón del pensar ymuchas especulaciones. Unos dicen que los cinco días de “asuntos propios” son paravictimizarse y no dar explicaciones y otros señalan que, falto de cariño, buscó laadhesión de los suyos...