Sábado, San Xosé, teremos nubes e claros e temperaturas altas. Risco dalgún chuvasco cara o interior da comarca

18 Marzo 2022

O sábado será unha xornada de certa inestabilidade atmosférica debido á entrada de aire algo máis frío nas capas altas. Así, comezaremos cos ceos despexados e co avance do día medrarán nubes de evolución que deixarán algún chuvasco ocasional que podería ter un carácter tormentoso. As temperaturas experimentarán un ascenso entre lixeiro e moderado. O vento soprará frouxo de compoñente leste.

meteogalicia

O NOSO MAR: Vento do sueste á mañá, variable á tarde e do leste á noite, forza 2 a 3 á mañá e á noite e 1 a 2 á tarde. Mar ovellado á mañá e á noite e mar rizado á tarde. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1.5 a 2 metros á mañá e 1 a 2 metros á tarde e á noite.

Mareas


Muros
Hora*Altura
Preamar04:373.9 m
Baixamar10:480.4 m
Preamar16:573.8 m
Baixamar22:580.4 m
Vigo
Hora*Altura
Preamar04:293.9 m
Baixamar10:400.5 m
Preamar16:493.7 m
Baixamar22:500.5 m
Vilagarcía
Hora*Altura
Preamar04:343.9 m
Baixamar10:450.4 m
Preamar16:543.7 m
Baixamar22:550.4 m

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

Alerta laranxa o sábado con risco de treboadas sobre todo no interior

Activada este sábado a alerta laranxa ante a previsión de intensas tormentas e precipitacións que afectarán principalmente ao noroeste e ao interior da provincia da Coruña. Segundo os datos facilitados pola Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), o aviso activarase a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.