Ribeira comeza a elaborar a súa Axenda Urbana

18 Marzo 2022

O Concello de Ribeira vén de compartir detalles relevantes sobre a súa Axenda Urbana, en cuxo proceso de elaboración xa está a traballar. Trátase, sinalaron fontes do Goberno local, “dunha folla de ruta que definirá os proxectos que serán motor de transformación da cidade e do municipio ao longo desta década baixo criterios de desenvolvemento sustentabilidade e de mellora da calidade de vida dos cidadáns”.

En termos máis concretos, o alcalde Manuel Ruiz explicou que a Axenda Urbana é “un instrumento de carácter estratéxico e non normativo, que mira ao noso territorio dunha maneira integrada e non sectorial, incluíndo puntos de vista ambientais, sociais, de gobernanza, etc., e que se aliña cos obxectivos establecidos na Axenda 2030 das Nacións Unidas”.

Xunto con Lalín, o de Ribeira é o único municipio galego do noso rango de poboación que vai contar con este instrumento de planificación contemplado como proxecto piloto recoñecido polo Goberno de España. Perséguense os seguintes obxectivos estratéxicos: modelo de cidade, ordenación do territorio, sustentabilidade, mobilidade, desenvolvemento económico, economía circular, cohesión social, innovación e gobernanza.

Reunión co tecido social

O Concello explicou que a elaboración da Axenda Urbana conta con catro grupos de traballo e “ten carácter participativo”. Como dixemos, os traballos de desenvolvemento xa comezaron, e este 18 de marzo celebrouse unha reunión por vídeo-conferencia con participación de diversos colectivos representativos do tecido social, tales como as asociacións Ambar, Amicos, A Creba, Agadea, a Asociación de Ama de Casa ou a Confraría de Ribeira. Nos días previos houbo outras reunións de técnicos municipais e os seus responsábeis políticos por un lado, e dos grupos da Corporación por outro.

DAFO

Na fase actual está a traballarse nun documento de diagnóstico (análise DAFO: Debilidades, Fortalezas, Ameazas, Oportunidades) co ánimo de representar a realidade actual de Ribeira identificando desde as máis variadas temáticas os principais problemas que poderían en perigo a sustentabilidade do modelo urbano de Ribeira.

Durante os vindeiros meses continuarase co proceso de elaboración da Axenda Urbana, desenvolvendo as fases de Formulación Estratéxica e de definición do Plan de Acción Local, o cal materializarase nun conxunto de proxectos e actuacións a despregar no concello ata 2030.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.