Rianxo impulsará a igualdade de xénero a través dun novo obradoiro artístico: En-rede-ando

23 Marzo 2022

O Concello de Rianxo vai organizar esta tempada unha actividade de dinamización e creación artística que pon o foco, dende todas as frontes, en tirar abaixo as barreiras de exclusión que limitan os dereitos das mulleres. Estamos a falar do obradoiro En-rede-ando, unha proposta para traballar a igualdade de xénero a través da danza e de diferentes disciplinas artísticas (plástica, vídeo-creación, fotografía, escrita ou música, entre outros formatos, xéneros e linguaxes). A actividade virá da man da danzaterapeuta Mar Sánchez.

O obradoiro desenvolverase os sábados de 10.30 a 13.00 h, no Centro Social Liceo, comezando o sábado 09 de abril.

Para máis información e inscricións no correo electrónico cultura@concelloderianxo.gal ​​​​​​​ou no teléfono 649 283 976, indicando nome completo e teléfono de contacto.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.