Rego reivindica en Boiro o papel do BNG no Congreso como única forza que defende os intereses da Galiza e das clases populares

11 Marzo 2022

O Bloque Nacionalista Galego realiza un encontro coa veciñanza de Boiro, na que contou coa presenza do deputado do BNG no Congreso. Néstor Rego valorou positivamente o papel do BNG na cámara baixa e a importancia que ten que as galegas e galegos teñan voz propia. Postula a súa organización como unha forza “nitidamente galega coas mans libres para defender unicamente os intereses da Galiza e das clases populares”.

Durante o encontro, o deputado nacionalista destacou a defensa “coherente e insubornábel” dos intereses da Galiza e da clase traballadora desde a súa toma de posesión no Congreso. Unha voz galega comprometida, como sempre fai o BNG, coa defensa do País desde o primeiro minuto, como se puido comprobar co Acordo de Investidura acadado pola formación do BNG que logrou desbloquear a Axenda Galega após catro anos sen representación do nacionalismo galego na cámara española.

“Mais o Goberno de coalición, PSOE e UP, non parece ter apuro no cumprimento do asinado. Algunhas partes do acordo como a referida ás peaxes da AP-9, a rexeneración da Ría do Burgo ou o inicio das negociacións dentro das Mesas de Transición Xusta nas Pontes e Meirama, foron póndose en marcha, pero con outros aspectos non amosan intención. Observámolo recentemente no debate da reforma laboral, en que aínda que se tiña comprometido, co BNG e con outras forzas políticas, á súa íntegra derrogación, finalmente, decidiron pórlle un parche e sucumbir aos intereses da patronal” denuncia o deputado nacionalista. Rego, de facto, explica que “existindo unha maioría progresista no Congreso, PSOE e Podemos decidiron ceder ante os intereses da Unión Europea e deixaron de lado a clase traballadora”.

O deputado nacionalista cualifica de “fraude” a votación da Reforma Laboral por manter os aspectos máis lesivos da Reforma aprobada polo Partido Popular, en concreto, 90%.  “Non tocan as facilidades e o abaratamento do despedimento, a autorización administrativa previa para os ERE, os salarios de tramitación, a prevalencia dos convenios de empresa, que poden empeorar os de sector, excepto nos salarios, etc.” enumera o deputado do BNG.

Por outra banda, Rego destacou o papel da organización nacionalista en defensa do sector pesqueiro galego a través de diversas iniciativas na cámara baixa e mesmo en coordinación coas compañeiras deputadas no Parlamento de Galiza. “A frota pesqueira galega foi unha das máis importantes do Estado español e de Europa, por iso entendemos que urxe declarar a Galiza como unha zona altamente dependente da pesca” reivindica o deputado nacionalista.

Lembrou tamén as diversas iniciativas para activar axudas, a través das minimis e outras en coordinación coa Xunta de Galiza, ante o aumento dos prezos do combustíbel de pesca. Así mesmo, indica a posición contraria do BNG “ante a implantación de proxectos de eólica mariña na costa galega” por ser proxectos que repercutirían negativamente a caladoiros e espazos protexidos, ademais de prexudicar á frota pesqueira.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A la mujer se la ama, o se le teme” – Manuel Domínguez

“A la mujer se la ama, o se le teme” – Manuel Domínguez

A la mujer se la ama, o se le teme. En sociedades primitivas mucho más, en Occidente, la cosa va cambiando. En el mundo de los talibanes, las niñas no tienen opción al estudio, ¿razones? Han observado que allí, donde la mujer puede crear, gestionar, allí donde la...

“O océano non ten fronteiras” – Antón Luaces

“O océano non ten fronteiras” – Antón Luaces

Cando en novembro pasado se clausurou en Vigo a segunda edición do Foro Galicia de Sostibilidade Global de Produtos do Mar,  remarcouse esta carencia de fronteiras para salientar o empeño en lograr unha economía oceánica sostíbel como basamento da apicación das...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.