“Quo vadis, Russkli?”. Antón Luaces

06 Marzo 2022

Sempre sentín polo pobo, polos cidadáns rusos, polo seu xorne, pola súa capacidade de resistencia, unha fonda admiración moito máis aló das diferenzas políticas que, en tempos, nos separaban.
Mesmo a musicalidade do idioma ruso foi sempre un nexo de unión co galego do noso idioma. E, falando de música, que poucas son as diferenzas entre un alalá galego e algunhas expresións musicais rusas. E na literatura, na poesía, que poucas son as distancias no sentir, no ser, do ruso e o galego dicir.
Por isto me pregunto a onde está a levar Vladimir Putin, a ese admirado pobo que aínda hoxe cre que Rusia non está atacando a un pobo irmán como é o ucraíno. Os rusos, como pobo, non os que bombardean cidades, cidadáns de Ucraína cos que tanto compartían malia a existencia de desavinzas cos aqueles compatriotas máis achegados á esfera rusófila.
Matar meniños, encher de refugallos as vidas de ucraínos que optaron libremente por seren europeos, cortar por onde máis doe os vínculos entre dous pobos fondamente arraigados na historia de Europa é algo que os cidadáns libres do mundo non poden -non podemos- comprender.
Rusia deixa de existir, desde hoxe, para os máis importantes medios de comunicación europeos, que veñen de pechar os seus centros naquel país. E non como unha medida de castigo, senon para preservar as vidas dos seus traballadores, aos que Putin ameazou descaradamente con penas económicas e de cárcere se difundían noticias que el ou o Krenlim poidan considerar contrarias á súa ÚNICA verdade, a verdade de Putin.
Que lle está a aportar esta guerra espantosa a Rusia, que lle da a Putin na súa esquizofrenia aparente?. Canto pode valer para o actual presidente ruso a vida dun meniño de 18 meses que mataron este sábado a canonazos?…
Esa Rusia non me serve e ben sei que non serve a moitos millóns de persoas do mundo que Putin está desfacendo, persoas que visitaban ese país como os rusos con medios económicos abondo visitaban outras nacións, entre estas España.
Cansos, fartos de sátrapas, os cidadáns do mundo están -estamos- a esixir a fin da guerra, que se garden as armas ou, mellor, que se desfagan destas, as nucleares incluídas. E, de paso, que Putin, colla o retiro e pase a disfrutar da súa riqueza en calquera desas mansións que, disque, ten.
A guerra non é solución válida, agás no caso de que a provique a tolemia dun dirixente empoleirado no seu cinto negro de consumado paiaso imitador de sí mesmo.
Desgrazado momento que nos toca vivir cando máis necesaria é paz.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...