Portos, o Concello e a Fundación RIA presentan as actuacións para mellorar a mobilidade no porto de Palmeira

02 Marzo 2022

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, vai impulsar a transformación do peirao de Palmeira, no concello de Ribeira, en base ao anteproxecto deseñado polo arquitecto David Chipperfield e a Fundación RIA.

Así o deu a coñecer este 2 de marzo a titular de Mar, Rosa Quintana, nunha xuntanza en Ribeira na que participaron o devandito arquitecto afincado en Corrubedo e o rexedor Manuel Ruiz e na que a conselleira explicou que as actuacións previstas no proxecto de mellora da mobilidade e accesibilidade na contorna do porto desenvolveranse en estreita coordinación co Concello de Ribeira e permitirán “renovar a imaxe da dársena e facela máis operativa para os profesionais do mar e atractiva para os veciños e visitantes”.

Rosa Quintana destacou que a proposta pasa pola creación “dun espazo ambientalmente sustentábel e integrado na súa contorna que recolla as necesidades dos usuarios do porto e dos veciños”. O anteproxecto prevé a actuación no 100% da zona portuaria e divídese en varias fases a desenvolver de xeito progresivo que se irán axeitando á dispoñibilidade orzamentaria e sucesivos convenios co Concello de Ribeira.

No acto, no que tamén participaron a presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas, e os técnicos da Fundación RIA que traballaron no deseño do anteproxecto, a titular de Mar expuxo as liñas estratéxicas das actuacións previstas no bordo portuario de Palmeira.

O proxecto, dixo, “prevé a reordenación do tráfico e do estacionamento na zona, a recuperación do vínculo co mar e a planificación e deseño do espazo público, medidas todas elas orientadas a eliminar barreiras visuais que impiden gozar plenamente da paisaxe mariñeira e achégase a vila ao mar, para o desfrute de veciños e visitantes de xeito compatíbel coa actividade portuaria”.

A primeira fase, en licitación

A representante do Executivo galego salientou que a primeira fase deste proxecto global, consistente na urbanización do paseo exterior e da coieira, está xa na fase de licitación das obras, que contan un orzamento de 750.000 euros. A presidenta de Portos de Galicia fixo saber que o proxecto está a exposición pública na páxina web do ente público e o prazo de presentación de ofertas está aberto ata o próximo 17 de marzo.

As obras desta fase supoñen a intervención nun espazo de 2.000 metros cadrados e en preto de 400 metros en liña da fachada marítima. Quintana e Lenguas engadiron que as actuacións “inclúen a mellora do espazo público e da mobilidade mediante a ampliación da zona peonil a carón do mar, sobre a coieira existente, e eliminando a barreira visual que supón o actual muro de peche”.

A maiores, crearanse balcóns de pedra e gradas integradas no noiro do paseo, ordenarase a circulación rodada con pasos de peóns elevados e renovaranse os pavimentos e o mobiliario urbano buscando reforzar a súa calidade estética, duración e homoxeneidade dos materiais.

Outros artigos

O Entroido de Amicos celebra as distintas comunidades do mundo

O Entroido xa está a percorrer Galicia, e Amicos xa leva semanas preparándose para celebrar unha das festas máis divertidas do ano. Uns preparativos que a mañá deste xoves, 12 de febreiro materializáronse no Gran Festival do Entroido da entidade inclusiva do Barbanza,...

+

O BNG pide que se cubran as prazas médicas en Ribeira

Este xoves celebrouse unha nova concentración da Plataforma pola Sanidade Pública do Barbanza no Centro de Saúde, unha mobilización que volve contar co apoio do BNG. Dende a agrupación sinalaron que "a poboación ribeirense segue sufrindo o deterioro do servizo de...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.