O Concello de Ribeira atribúe a unha “acción vandálica” o incendio que calcinou os tellados das tres pallazas situadas no parque de San Roque

29 Marzo 2022

Unha chamada dun particular en torno ás once da noite deste luns 28 de marzo alertou á Policía Local da aparición de lume no Parque Periurbana de San Roque. A chamada fixo que se alertase ao 112 para o envío dun equipo de bombeiros. Chegados ao lugar, os axentes puideron comprobar que estaban ardendo os teitos de palla e madeira das tres pallozas alí enclavadas.

No lugar se atopaban dous mozos que manifestaron ter visto a un home que lle tirou pedras aos seus vehículos e ao ser sorprendido dirixiuse cara as pallozas, ás que prendeu lume para logo emprender a fuxida. Efectuouse unha busca desta persoa sen lograr dar cos seu paradoiro. Segundo confirmaron fontes do Concello, arestora proseguen as pescudas sobre a autoría deste feitos vandálicos.

Ademais de Bombeiros de Ribeira e a Policía Local, tamén interviñeron o GAEM e un axente forestal. A intervención de todos estes efectivos evitaron que se espallase o lume.

O Concello de Ribeira atribúe a unha “acción vandálica” o incendio que calcinou os tellados das tres pallazas situadas no parque de San Roque desta localidade.

Outros artigos

Convocada a XIII edición do Concurso de Poesía Albariza de Artes

O Centro Recreativo e Cultural de Artes, en colaboración co Concello de Ribeira (Área de Cultura) presentou o cartel e as bases do nova convocatoria do Concurso de Poesía Albariza de Artes, certame que alcanza este ano a súa décimo terceira edición. Esta iniciativa...

+

Unha delegación de Angola visita en Ribeira a Escola Náutico-Pesqueira

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, acompañou no día de hoxe a unha delegación procedente de Angola durante a súa visita á localidade que arrancou na Escola Oficial Náutico-Pesqueira para coñecer o modelo pesqueiro galego, con especial énfase na pesca tradicional....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.